NOVELISTA, POETISA, PERIODISTA, TRADUCTORA, CRÍTICA LITERARIA, EDITORA, CATEDRÁTICA UNIVERSITARIA, CONFERENCIANTE E...A PRIMEIRA MULLER ESPAÑOLA CORRESPONSAL NO EXTRANXEIRO.....E FIXO DO FEMINISMO A SÚA BANDEIRA
Este mércores 12 de maio se cumpren 100 anos da morte dunha escritora moi adiantada para os tempos que lle tocou vivir. Trátase de Emilia Pardo Bazán e estes días oiredes falar moito da súa figura.
Chegou a traballar na fábrica de tabacos da Coruña algo que a sociedade do momento criticaba xa que non estaba ben visto que as mulleres da época ( metade do século XIX) gañasen cartos fóa da casa.
Converteuse na "madriña" do naturalismo español, unha corrente literaria na que se describía a realidade en toda a súa crueza, sen dulcificar nada.
Os seus país de orixen aristocrático e con gran poder a educaron para que fose unha muller forte, independiente e curiosa. Mirade que talento tiña que tan só con 9 anos xa escribía versos. Daquela o único entretenemento da rapazada eran os xogos na rúa e ler moito e isto Emilia sabía facelo moi ben xa que a súa familia poseía unha biblioteca moi dotada. Herdou o titulo de condesa dos ancestros.
Non puido acceder á Universidade porque estaba reservada para só homes pero iso non foi un impedimento para esta brava muller. Falaba francés, inglés e alemán e estaba ao tanto do mundo da política como dos avances científicos. Tamén é certo que contou cunha vantaxe sobre outras mulleres : a súa orixe acomodada.
Viaxou por Europa e viviu un tempo en Madrid.
Era unha muller inconformista, loitadora e valente. Nunca deixou de pelexar para abrirse un oco entre a élite intelectual do pais.
Separouse do home cando lle pediu que deixara de escribir...!!!isto hai máis de 100 anos!!!...e moitos homes sentíronse feridos e atacados polo seu intelecto polo que defendianse dela acusandoa de plaxiar obras e pensamentos.
Fixo historia coa novela " Los Pazos de Ulloa" que foi escrita no Pazo de Meirás e da que se fixo unha serie de catro capítulos no ano 1985 no único canal de televisión que existía naquel momento Televisión Española e que contaba cunha gran audiencia. Si viven os teus avós pregúntalle se a viron e quenes eran os protagonistas.
A pesar de ter unha cultura e unha valía fóra do común os académicos da Real Academia Española ( todos homes) cuestionáronlle que ocupase un posto incluso xulgandoa polo seu aspecto. Impartíu conferencias e non tiña apuro en falar en público. Foi presidenta do Ateneo en Madrid. Non foi ata o ano 1979 cando a escritota Carmen Conde convértese na primeira academica muller en formar parte da Real Academia da Lengua.
Esta muller precursora do feminismo temos que xuntala con outras dúas galegas da mesma época , escritoras e activistas ...e que son: Concepción Arenal e Juana de Vega.... pero xa queda no teu tellado de que se sintes curiosidade busques a súa historia
!!! Ninguén foi quen de facelas calar!!!!
( Reseña do artigo publicado no suplemeto "La voz de la Escuela" de la Voz de Galicia do 5 de maio do 2021)
Comentarios
Publicar un comentario