CONTOS CONFINADOS DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

 O Museo lanza a segunda edición de "Contos Confinados" para que a cativada consuma cultura a pesares das restriccións.

Os sábados deste mes de febreiro e o da primeira semana de marzo realizaranse sesións de contacontos que se emitirán ás 10h. a través do perfil de facebook e da web da institución.

Contos Confinados

 Unha iniciativa para que a cativada consuma cultura a pesares das restriccións derivadas da pandemia.

 

Ante a imposibilidade de desenvolver unha programación presencial, o Museo opta de novo por propostas en formato dixital.Serán os sábados ás 10.00 h. a través do perfil de facebook e da páxina web do Museo(http://museo.depo.gal/).

As narracións serán interpretadas en lingua de signos pola Organización de Diversidade Sensorial de Galicia(Xoga) para posibilitar que as persoas con diversidade sensorial gocen tamén destas propostas

A programación desta segunda edición de "Contos Confinados" iniciarase este sábado con "Catoxo", de A Trastenda dos Contos, co que se celebrará o entroido; o día 20, Polo Correo do Vento, chegará ao edificio Castelao con "A investigadora Peregrina e os misterioso caso dos peliqueiros", que incluirá un obradoiro de debuxo; Beatriz Campos e "Os tres porquiños", protagonizarán a sesión do día 27 e o 6 de marzo, Migallas Teatro relatará o "Romance da princesa caprichosa".

Comentarios