O Día Universal do Neno, que se celebra todos os anos o 20 de novembro, é un dia adicado a todos os nenos e nenas do mundo.
É un día de celebración polos avances acadados, pero sobre todo é un día para chamar a atención sobre a infancia máis desfavorecida, dar a coñecer os dereitos da infancia e concienciar ás personas da importancia de traballar día a día polo seu benestar e desenvolvemento.
UNICEF, SAVE THE CHILDREN, OXFAM....son algunhas organizacións que traballan todo o ano para conseguir cambios reais na vida dos nenos e nenas máis vulnerabeis. .
Nacions Unidas celebra o Día Universal do Neno o 20 de novembro, data na que Asemblea Xeral da ONU aprobou a Declaración dos dereitos do neno en 1959....hai 61 anos.
Este día mundial lembra que todos-as os-as nenos e nenas teñen dereito á saude, a educación e á protección, independentemente do lugar do mundo onde naceran.
A Declaración se basa en 10 principios fundamentais que son os que teríamos que perseguir para vivir nun mundo máis amable e xusto para todos-as:
IGUALDADE
PROTECCIÓN
IDENTIDADE
ALIMENTACION-VIVENDA-ATENCIÓN MÉDICA
INTEGRACIÓN
AMOR
EDUCACIÓN
AUXILIO
AMPARO
SOLIDARIEDADE
Ademáis de dereitos, tamén se contemplan responsabiliades ou deberes que os-as mási pequenos deberían cumprir, e por mencionar algunha:
Respectarse entre eles-as, independentemente de raza, sexo, relixión ou cualquera outra condición
Non maltratarse entre eles-as nin facerse dano físico
Facer todo o que poidan por coidar o medioambiente
Facer o esforzo por aprender o que os-as seus-as educadores e educadoras lles ensinen, tanto como as súas capacidades lles permitan
Axudar todo o que poidan ás personas máis desfavorecidas.
Unha maneira de conseguir que a rapazada sexa consciente dos seus deberes e dos seus dereitos é traballalos a través da convivencia diaria e sobre todo, a partir do noso bo exemplo, como proxenitores, familiares, personal docente…
Máis información a podedes atopar en calquera das páxinas webs das organizacións mencionadas anteriormente.
Comentarios
Publicar un comentario