Bos días familias!
Hoxe traio unha actividade proposta pola nosa compañeira de mocidade, tratáse de unha masa sensorial para nen@s para facer na casa de forma moi sinxela. A gran maioría de cativ@s encántalles meter as mans en sustancias viscosas ou con textura de masa, asíque segurísimo que lles encantará!!
¡Veña, tod@s a amasar!
MASA SENSORIAL PARA NEN@S
INGREDIENTES:
- XABRÓN NATURAL EN ESCAMAS OU PÓ ( O QUE MELLOR TEXTURA DEIXA É O “BORAX”, PERO NON É O ÚNICO QUE SE PODE EMPREGAR)
- UNHA TAZA DE AUGA QUENTE
- UNHA TAZA DE COLA BRANCA
- COLORANTES
- COLA CON PURPURINA (OPCIONAL)
- Para preparala, comenzar misturando nun recipiente unhas 3/4 partes da auga quente coa cola branca e engadir o colorante que queiramos( temos que lembrar que a intensidade da cor vai depender da cantidade de colorante que lle votemos á mezcla)
- Aparte, noutro recipiente, misturar catro cucharaditas de xabrón co resto da auga quente.
- Cando teñamos as dúas mezclas preparadas, verter a primeira dentro da segunda e deixalas repousar sen axitar.Transcorridos uns minutos,estará lista a masa e xa poderán poñerse a xogar con ela.
- Se queremos preparar unha masa sensorial ainda máis espectácular,podemos cambiar a cola branca por cola brillante, que xa leva purpurina incorporada.Ademáis, neste caso,tampouco necesitariamos botarlle colorante xa que, normalmente, esas colas brillantes xa veñen coloreadas( en tendas de manualidades)
- Unha vez lista, a gardamos en botes que poidan pecharse ben. Desta maneira, aguantaranos en boas condicións durante unha tempada e @s rapaces/zas poderán pasar bós ratos xogando con ela.
Comentarios
Publicar un comentario