Mercedes, Dani e Xulia cóntannos un conto

Bos días familias!,

Hoxe deixovos un conto feito por unha familia de Poio, Mercedes máis os seus fillos Dani e Xulia utilizan os libros que teñen na casa para contarnos un conto, e o resultado é maravilloso, comprobadeo vos mesm@s ....

Esta maneira de crear contos a partir de libros é un recurso que está sendo utilizado por algunhas persoas para entreter a seus/súas fill@s e o resto da xente.

Un bibliotecario inglés utilizaba os libros que tiña na estantería e a través dos títulos construía párrafos coherentes.

É unha idea fantástica porque fomenta a lectura, mellora a expresión oral e a composición narrativa, activa a imaxinación, e ademáis é moi divertido, que vos parece se o intentades, seguro que creades uns contos maravillosos.

Comentarios