VACACIÓNS NUNHA FURGO

Ola familias!!!!

Hai uns dias, lía nunha entrevista como disfrutaba unha familia con tres pequerrechos  das súas vacacións nunha furgoneta. 

Non se precisa facer reservas  é como si levaras unha pequena casa ao lombo, estilo caracol. Paras onde che apetece e o tempo que queres. A sensación de liberdade é plena !!!.

Cando se viaxa con rapazada o gasto é importante á hora de aloxarse e manterse. As furgos vacacionais están moi ben equipadas con cociña integrada, baño con auga quente, calefacción, fregadeiro, toldo exterior, portabicis, etc. 

Tamén hai que ter en conta que en tempo de postpandemia na que toda precaución segue a ser pouca, temos a ventaxe do distanciamento social xa que en calquera momento estamos rodeados de mar, montaña e natureza ...imos deseñando a ruta da viaxe como queiramos.

Moitos alugueres de furgos vacacionais permiten que nos acompañe a nosa mascota.

Invítovos a que botedes un vistazo nas moitas ofertas que existen por internet, que comparedes prezos e sobre todo que coñezades as opinións de moitas familias que xa non viaxan doutro xeito.





Comentarios