Pode ser un magnífico plan de sábado pola tarde, pasarse pola sá expositiva do Café Moderno Afundación en pleno centro de Pontevedra e disfrutar das esculturas feitas en papel utilizando a técnica antiga do Xapón o Origami.
Na realización das pezas non se usaron pegamento nin tesoiras tan só o pregado do papel.
Unha das figuras relevantes no campo da papiroflexia é galega e profesora de universidade : Covadonga Blanco. Defensora de como se pode ensinar matemáticas utilizando esta técnica ancestral.
A exposición está aberta ata o 29 de maio e a entrada é de balde.
Máis información: AQUI
Comentarios
Publicar un comentario