Pois resulta que xunto co seu irmán Jorge ,décatáronse de que os nenos apenas tiñan referentes femininos dos que aprender e isto foi o que lles animou a escribir unha seirie de biografías de mulleres de diferentes épocas e procedencias.
Deste xeito atopamos un conto adicado á gobernante Cleopatra, outro no que a protagonista é a científica Marie Curie. Tamén ten a súa biografía a aviadora Amelia Earhart ou a diseñadora de moda Coco Chanel...así xa son maís dunha duzia de volumenes que recollen a vida e os logros de mulleres magníficas. A activista social galega Concepción Arenal é un dos derradeiros traballos.
A coidada ilustración das historias corre por conta da ilustradora Lola Castejón (Thilopia) .
Esta colección pertence á Editorial Edelvives... son lecturas recomendadas para una etapa de idade de 8 a 10 anos. Cada volumen ten aproximadamente unhas corenta páxinas e teñen un prezo medio de 12€....podemos facer a encarga nas librerías da nosa contorna para promocionar o comercio local e de non ser posible tamén podemos compralos a través das xa coñecidas plataformas de venta online.
Elixe porque muller queres comezar....eu penso ler todiños!!!!!
Comentarios
Publicar un comentario