Moito antes de que o nome de Rosalía soara tanto pola moza cantante catalá que se está a comer o mundo co seu diferente estilo de facer música ...nós , os galegos e galegas, xa tiñamos no noso corazón a outra Rosalia...e refírome a Rosalia de Castro .
O martes 24 de febreiro celebrase o aniversario do seu nacemento . Ela é a poeta comprometida coas inxustizas, a que ten un amor infinito pola nosa terra, a reivindicadora da igualdade...que se crece ante as dificultades.. a que sementa futuro .. a defensora da lingua e do patrimonio inmaterial : as fontes, o mar, o campo ....
Mirade si é importante esta muller que o Día das Letras Galegas celébrase o 17 de maio porque foi cando publicouse o seu poemario "Cantares Galegos", obra considerada estrela da literatura galega.
En youtube tedes moitas cancións que versionan os seus poemas en todos os estilos:alboradas, hip-hop, rock.... tamén podedes ler algún dos seus poemas e incluso moitas empresas colocan o seu rostro para vender camisetas, bodys, pins, tazas, mandís... é todo un fenómeno social.... é a nosa Rosalia e non é a de "malamente".
Claro que sempre nos queda poder bailar a ritmo do grupo D Vacas co tema "Rexurdimente" na que incorporan a letra dun poema de Rosalia de Castro a ritmo de "Malamente"..... Así que ponte en pé e fai palmas....a bailar!!!! AQUI TES O VIDEO
Comentarios
Publicar un comentario