Facer un molinillo de papel é unha manualidade moi sinxela e divertida para traballar c@s ne@s e non se precisa moito material para facelo: unha palla ou pincho de brocheta, un par de folios de cores( se non temos, podemos pintar os brancos), unha tesoira e un alfiler ou chincheta.Se xa estades preparad@s , toca explicar como se fai
Coa axuda dunha regra e dunha persoa adulta, se fixera falla, traza as dúas diagonais pero sen que cheguen ao centro.Marca o centro do cadrado
Recorta polas liñas marcadas e lembra que non hai que chegar ao medio
Das oito puntas que ten o molimillo, colle 4,alternándoas(collo unha e a seguinte a deixo, e así sucesivamente).Pincha as puntas cun alfiler ou chincheta
Pasa a chincheta polos buratos das 4 puntas do molinillo de vento, e pola parte traseira coloca a palliña de tal maneira que a chincheta a pinche tamén.
Comentarios
Publicar un comentario