Un calendario de
Advento é un símbolo máis
do Nadal , como as luces, a árbore, os turróns ....e é unha conta atrás dende o 1 de decembro ata o día 24 (
Noiteboa).
Nas tendas de decoración e de agasallos existen xa moitos elaborados
( ás veces teñen un custe elevado) pero non hai nada como confeccionalos os-as
maiores da casa ( pais, nais, avos, avoas...) e ofrecerllo con todo o agararimo
á rapazada . Son xestos que quedan gravados na vida dxs pequerrechxs e cando medren se acordarán de quen era a persoa que lles facía o agasallo do calendario de
advento co todo o seu amor.
Te propoño varias ideas baixadas de pinterest pero hai infinitas.
1.
Sobres de cromos.
2. Libros( un vale...!!claro!!!).
3.
Cartas.
4.
Calcomanías.
5.
Selos con formas e tinta.
6. Marcador de libro.
7.
Bola ou decoración para o árbore de Nadal.
8.
Un yo-yo.
9.
Vale por ler un conto en familia
10.
Un imán neveira
11.
Vale por un picnic no salón de casa
12.
Unha caixiña con tizas
13.
Noces ou castañas ou cacahuetes
14.
Purpurina
15.
Sementes de algunha pranta aromática
16.
Un cadeado cunha chave e que pensen que uso darlle.
17.
Unha lupa tamaño mini
18.
Un vale para sair a ver as estrelas...e asi podemos deitarnos máis
tarde!!!
19.
Un mini “Lego” repartido
en varios días
20.
Vale por unha peli en
familia... ide preparando as palomitas.
21.
Unha froita pequena coma unha uva ou arándano.
22.
Vale por un almorzo
especial que pode ser en sábado ou en
domingo
23.
Vale para unha camiñata. Descubrimos un novo sitio preto da casa.
24.
Vale por un paseo baixo a
choiva e pisando charcos que mola mojollón.
25.
Vale por facer un pastel.... hai miles de titoriales sinxelos en
youtube.
26.
Unha nota que poña
“ensíname a xogar á goma” ...pregunta ás avoas !!!
27.
Unha nota que poña “ensíname a xogar á mariola”....pregunta aos
maiores da casa.
28.
Cintas de washi- tape... as venden en paquetes e son
baratiñas e son tan bonitas!!!!
29.
Moedas de chocolate
30.
Vale por cinco bicos e
unha aperta en familia.
.......E seguro que a vós, maiores da casa, se vos
ocorrerán un cento de ideas máis. Ollo !!! o 1 de decembro é o martes da próxima
semana así que non queda moito tempo.Temos o finde para darlle forma porque o
luns o temos que ter preparado......a disfrutar e a triunfar co teu calendario
de advento.
Comentarios
Publicar un comentario