O MAGOSTO EN CASA

 Este ano é ben complicado celebralo Magosto tal e como nos gusta: xúntándonos coa familia, coas amistades...no patio do cole, na praza do pobo, no adro da igrexa.... pero xa sabemos que non pode ser, pois non está de moda que os grupos sexán moi  numerosos.Así que como o San Martiño está moi próximo, 11 de novembro, os que teñades finca a facer as castañas  nunhas boas brasas e os que vivamos en piso sempre nos queda o forno da cociña... dun xeito ou doutro que non se nos esqueza picalas para que non estoupen. Mentras se asan podemos aproveitar para facer algo bonito coas castañas....así que xa sabedes !!! a traballar en familia!!! que así todo sae moito mellor. Levemos as tradicións para a nosa casa e que o virus non remate coas nosas festas. 

Vos deixo fotos con pistas do que podedes elaborar.....xa estás tardando!!!! 







Comentarios