Parecía que xa non estabamos ....o que pasa é que andabamos un pouco liadas con esa historia da pandemia...e visto o visto non queda outra que confiar na ciencia e ter moita paciencia.
Así que imos a seguir alimentando este blogue coa confianza de que dende un espazo humilde coma este sigamos a encher o tempo libre das familias de experiencias positivas .
Esta semana tocaaaaaaaa ¿¿¿ Coñeces a ponte colgante Xirimbao ??? Ímonos de excursión!!!!
😎😎😎😎😎😎😎😎😎😎😎😎😎😎😎😎😎😎
A ponte colgante o Xirimabao ou tamén coñecida como pasarela Mariola, une os concellos de A Estrada ( Pontevedra) e Teo ( A Coruña), ten 80 metros de lonxitude e 1,50 metros de ancho. Dícese que o nome de Mariola ben do nome a quen adicoulle a ponte o inxenieiro que o fixo : Jose Darque no 1964.O rio que baña estas terras é o Umia e aquí existe un coto de pesca riquísimo en Salmón, de feito perto da presa hai uns compartimentos que axudan á cría e recuperación desta especie.
Leva a merenda e roupa cómoda para disfutar dun paseo polo bosque que o rodea cheiño de árboles autóctonas.
Nesta época de outono podemos disfrutar dunha gama crómatica incrible que fai que a visita merezca a pena .
Vos deixo a ubicación Aquí para que vos sexa máis fácil chegar.....A pasalo ben!!!!
Comentarios
Publicar un comentario