Bos días familias,
No DOG nº 165 deste luns, dia 17 de agosto, publicase a Resolución do 4 de agosto de 2020 pola que se acorda a reapertura dos servizos e centros de atención á infancia.
Esta reapertura levaráse a cabo a partir do 1 de setembro e afectará aos centros e servizos de atención a infancia como escolas infantís, casas niño, espazos infantís e ludotecas.
Para un proceso máis seguro para todos e todas faráse seguindo as medidas recollidas no Plan de reactivación no ámbito infantoxuvenil en relación coa infección polo virus SARS-CoV 2 que podedes consultar desde o enlace que vos facilito.
Unha aperta!
Comentarios
Publicar un comentario