¡Bos días familias!
Hoxe deixovos outra aportación da compañeira da OMIX, moi sinxela, práctica e divertiva, sobre todo para os/as máis cativos/as.
Hoxe deixovos outra aportación da compañeira da OMIX, moi sinxela, práctica e divertiva, sobre todo para os/as máis cativos/as.
Como facer plastilina caseira e non
tóxica
Se tendes nen@s pequech@s, que ainda se levan todo á boca e queredes que
poidan disfrutar xogando con plastilina sen correr riscos, recoméndovosvos esta
sinxela receita para facer plastilina non tóxica.
Xogar con plastilina desenvolve a imaxinación d@s cativ@s e mellora as
capacidades manuais, sendo unha fonte de entretemento
Ingredientes:
- 2 tazas de fariña
- 1 taza de sal.
- 2 cucheres de aceite.
- 1 culler de maicena disolta
en 2 culleres de auga fría
- 2 tazas de auga quente
- Colorante alimentario
líquido.
Elaboración: misturar
tódolos ingredientes nunha ola e colocar
no lume a baixa potencia. Remover constantemente durante 5 minutos.
- Retirar
do lume cando a masa se despegue dos bordos e se está pegañenta,deixala un
poco máis e seguir removendo.
- Amasar sobre unha táboa ata
que quede unha masa consistente.
- Dividir en trozos e agregar o
colorante. Continuar amasando ata que a cor quede totalmente repartida.
A masa pódese conservar nun
recipiente ben tapado. Se se reseca, podemos engadir un pouco de aceite para
ablandala.
Xa temos horas de xogo aseguradas, dunha
forma económica e segura .
Comentarios
Publicar un comentario